Tuesday 07 de May de 2024

Finalizada a ampliación da rede de saneamento no Lugar de Gándara en Oleiros


O Concello de Riveira informa da finalización das obras da ampliación da rede de saneamento en Gándara, lugar situado na parroquia de Oleiros.

Esta actuación foi realizada pola empresa Tarrío y Suárez, S.L., e supuxo un investimento de 6.138,03 euros.

55 metros
As vivendas situadas na zona de actuación carecían de saneamento municipal, razón pola que se plantexou a execución dun proxecto consistente na instalación dunha liña de saneamento de 55 metros de lonxitude de PVC SN4 liso de 315 milímetros ata a conexión coa rede xa existente.